que ofrecemos?

Inserción Laboral - Recursos de apoio á inserción - Plan de axuda á independencia - Formación

INSERCIÓN LABORAL 

O equipo do programa Mentor realiza, conxuntamente con cada mozo/a, un traballo onde este é o protagonista do seu proceso. De acordo coas súas capacidades e intereses, establécese un proxecto individualizado que posibilita aumentar a súa empregabilidade, entendida como o conxunto de competencias e habilidades necesarias para o acceso ao mercado laboral e a súa permanencia no mesmo ao longo da súa vida.

Está dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos tutelados ou ex tutelados, en garda, con medidas xudiciais ou conflito social que queiran voluntariamente incorporarse ao mundo laboral.

Traballamos mediante a realización, en consenso co/a mozo/a, dun Proxecto (individualizado) de Inserción Laboral (PIL), que o dote de estratexias e ferramentas de capacitación para a inserción laboral: formación en habilidades básicas (competencias necesarias para iniciar o seu proceso), formación (procurando que sexa innovadora tanto no seu contido como na forma de impartila), itinerarios de inserción…

 

RECURSOS DE APOIO Á INSERCIÓN arriba

O recurso de apoio á inserción (RAI) é un espazo para o desenvolvemento de procesos de autonomía e crecemento persoal de mozos/as próximos á maioría de idade.

É a evolución lóxica no proceso de independencia dos mozos e mozas acollidos no sistema de protección da Consellería de Política Social.

Os RAI están pensados para mozos/as próximos á súa maioría de idade con baixas posibilidades de reintegración familiar, e que desexen voluntariamente iniciar un proceso de autonomía.

Traballamos por medio dun proxecto educativo individualizado, realizado conxuntamente co/a menor, desde un enfoque integral incidindo en cada unha das necesidades e inquedanzas das persoas incorporadas ao recurso, procurando o acceso á súa plena cidadanía.

 

PLAN DE AXUDA Á INDEPENDENCIA arriba

O Plan de Axuda á Independencia é un plan individualizado dirixido aos mozos maiores de 16 anos que ten como finalidade garantir procesos de autonomía, mediante a adquisición de competencias, a formación e a eliminación das barreiras que poidan impedir a consecución dese obxectivo. 

Está destinado a mozos e mozas maiores de 16 anos que, residindo en centros de menores e estando incluídos no Programa Mentor, queiran voluntariamente iniciar un proceso de autonomía e se atopen con barreiras como a imposibilidade de acceso a unha vivenda ou á formación, limitacións en transporte…

Traballamos mediante a elaboración dun Plan Individualizado de Actuación onde se recollen os obxectivos, actividades e recursos, buscando apoiar o proceso de autonomía dos mozos e mozas coa finalidade de acadar o seu acceso á cidadanía plena.

 

FORMACIÓN arriba

Obradoiros

Existe unha poboación dentro do programa Mentor que non pode acceder, por diversos motivos, aos circuítos normalizados de formación. Para esta poboación deseñáronse especificamente uns obradoiros que pretenden, por unha banda, traballar unha serie de habilidades básicas (aceptación de normas, cumprimento de horarios, respecto ao docente e a compañeiros); pola outra, e fuxindo dos esquemas clásicos da formación tradicional, dotar ao mozo duns coñecementos mínimos que faciliten o seu acceso ás canles normalizadas de formación ou a unha futura inserción laboral.