Menores — Mozas e mozos de
ETM – Equipos Técnicos de Menores das Xefaturas Territoriais da Subdirección Xeral de Familia e Menores da Xunta de Galicia en canto que responsables últimos do menor para o establecemento dunha cooperación institucional que permita construír capacidades para o cumprimento do proxecto individualizado do mozo/a.
Consellería de Política Social da Xunta de Galicia – A través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, coa transferencia de retos e dificultades que día a día se presentan na execución do proxecto.
Centros de Protección de Menores – Directores e Equipos educativos dos centros onde residen os menores, para que a través da complementariedade coas persoas máis próximas ao menor, este sinta un pleno apoio no seu proceso de independencia.
Empresarios e Centros ou Entidades de Formación – buscando a innovación en formación e vías de emprego que sitúe nunha posición de vantaxe aos nosos mozos e mozas no acceso ao mercado laboral.