quen somos?

O Programa Mentor persegue a inserción sociolaboral de mozas e mozos maiores de 16 anos, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, con medidas xudiciais ou en conflito social. O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida destas mozas e mozos por medio dun proxecto individualizado que lles garanta unha inserción laboral e unha capacitación para a vida independente, de maneira que ao alcanzar a maioría de idade poidan ser plenamente autónomos.

Somos un conxunto de profesionais (equipos educativos e técnicos) que desde o ano 1998 nos enfrontamos ao desafío de construír, en común con estes mozos e mozas, solucións individualizadas que lles garantan o seu propio futuro como cidadáns e cidadás libres e responsables.

Contamos co esforzo e a colaboración dos Servizos Centrais e Equipos Técnicos de Menores das Xefaturas Territoriais da Subdirección Xeral de Familia e Menores da Xunta de Galicia, das direccións e dos equipos educativos dos centros onde residen as mozas e mozos e dun gran número de empresas que apoian este proxecto.

Este programa está financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, e é executado por Igaxes.

logo_igaxes dxfamilia5 fseinviste_175_68.jpg

One Response to “quen somos?”

  1. Señor WordPress Says:

    Hola, esto es un comentario.
    Para borrar un comentario sólo tiene que entrar y ver los comentarios de la entrada. Entonces tendrá la opción de editar o borrar.

Leave a Reply